Xoán Curiel e Charo Pita regresan a Ames para homenaxear a Antón Fraguas co espectáculo “Canta miña pedra, canta”

Xoán Curiel e Charo Pita estarán en Bertamiráns co seu espectáculo literario Canta miña pedra, canta. Esta actuación, que combina cancións, elementos teatrais e de narración oral e moita interacción co público, terá lugar o próximo venres, 31 de maio, ás 18.00 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. O espectáculo, que homenaxea a figura de Antón Fraguas, chega a Ames no marco do programa FalaRedes 2019, da Xunta de Galicia, que ten como obxectivo promover o uso e a valoración do galego nos concellos que pertencen á Rede de Dinamización Lingüística…máis información… http://www.concellodeames.gal/nova.php?noticia=17780&idioma=es&sec=32