Política de privacidade

Mediante o presente texto infórmase os usuarios desta web das condicións xerais que rexen para a súa utilización e consulta. Estas supoñen por parte dos usuarios a aceptación plena das condicións expostas neste documento. O visitante comprométese a utilizar esta web e os servizos que se ofrecen de conformidade coa lei, estas condicións xerais, así como coa moral e bos costumes xeralmente aceptadas e a orde pública. O usuario obrígase a indemnizar á Asociación Educativa Cultural Musicrearte por calquera dano ou prexuízo que puidese ocasionar polo uso desta web, infrinxindo a legalidade vixente.

Tamén se informa neste documento das condicións particulares que rexen para a contratación de determinados servizos que se ofrecen nesta web. A Asociación Educativa Cultural Musicrearte resérvase o dereito de modificar as condicións legais que se expoñen neste documento sen previo aviso.

A presente Política de Privacidade aplícase só a esta páxina web e non ás páxinas web propiedade de terceiros. Facilitamos ligazóns a outras páxinas web a través dos nosos servizos (noticias, vídeos, enquisas, ligazóns) que consideramos de interese para os nosos visitantes. O noso desexo é garantir que ditas páxinas manteñen os estándares máis elevados. Con todo, debido á propia natureza de Internet, non podemos garantir os niveis de privacidade das páxinas web coas cales enlazamos, así como tampouco responsabilizarnos dos contidos das páxinas que non sexan a nosa propia. A presente Política de Privacidade non está dirixida á súa aplicación en calquera páxina coa que manteñamos unha ligazón e que non pertenza a www.musicrearte.com.

Esta web e o seu contido é propiedade da Asociación Educativa Cultural Musicrearte, entidade editora e propietaria da mesma. Salvo autorización previa, expresa e por escrito se prohibe calquera transmisión, cesión, venda, aluguer e/ou exposición pública desta web ou calquera parte da mesma.

A Asociación Educativa Cultural Musicrearte resérvase o dereito de modificar o contido da web sen previo aviso e sen ningún tipo de limitación. A entidade declina calquera responsabilidade polos eventuais danos e prexuízos que poidan ocasionarse pola falta de dispoñibilidade e/ou continuidade desta web e dos servizos que se ofrecen nela.

As persoas ou entidades que remitan calquera tipo de información á Asociación Educativa Cultural Musicrearte comprométense a que a mesma sexa veraz e que non vulnere calquera dereito de terceiros nin a legalidade vixente. Se vd. cre que calquera contido e/ou información desta web vulnera un dereito lexítimo ou a legalidade vixente non dubide en contactar connosco.

A Asociación Educativa Cultural Musicrearte situada en Ames (A Coruña), e titular do dominio www.musicrearte.com é titular tamén da base de datos xerada cos datos de carácter persoal fornecidos polos usuarios. O usuario autoriza o tratamento automatizado dos datos persoais fornecidos, necesarios para a prestación dos servizos ofrecidos www.musicrearte.com, respectando sempre a lexislación española sobre protección dos datos. Esta información é recibida pola Asociación Educativa Cultural Musicrearte e nunca é vendida, cedida ou alugada a outras entidades.

A Asociación Educativa Cultural Musicrearte pode enviar un e-mail notificando melloras ou novidades que se produzan nesta web así como tanto de servizos propios que ofrezamos. En calquera momento poden darse de baixa enviando un email a asociacion@musicrearte.com.

A información persoal solicitada dos usuarios rexistrados tanto na web como na plataforma virtual (aula virtual) é almacenada en bases de datos propiedade da Asociación Educativa Cultural Musicrearte, que asume as medidas de índole técnica, organizativa e de seguridade que garantan a confidencialidade e integridade da información de acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e demais lexislación aplicable.

O usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados, reservándose (a Asociación Educativa Cultural Musicrearte) o dereito a excluír dos servizos rexistrados a todo usuario que facilitase datos falsos e/ou que vulnere os estatutos desta asociación, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito.
Calquera usuario rexistrado pode en calquera momento exercer o dereito a acceder, rectificar e, no seu caso, cancelar os seus datos de carácter persoal fornecidos á Asociación Educativa Cultural Musicrearte, mediante comunicación escrita dirixida á entidade.
As condicións xerais expostas neste documento réxense pola lei española.

Para calquera consulta ou reclamación sobre o cumprimento desta Política de Privacidade, ou se desexa dirixir algunha recomendación ou comentario destinado a mellorar a calidade da mesma, por favor diríjase a:

Entidade: Asociación Educativa Cultural Musicrearte
Dirección Postal: Urb. As Mimosas A12, 15895 Ames, A Coruña
E-mail: asociacion.musicrearte@gmail.com