Musicrearte colabora nun proxecto APS coa USC e a Aula Hospitalaria

Alumnado da titulación de Mestre/a en Educación Infantil e Primaria da Facultade de Ciencias da Educación da USC  participan nun proxecto na aula Hospitalaria do Clínico de Santiago de Compostela

O pasado venres 25 de maio, o alumnado de 4º de Educación Infantil e Primaria, coordinados pola profesora das materias implicadas, Cecilia Portela, levaron á Aula hospitalaria do Clínico de Santiago, o espectáculo de luz negra Unha nota de cor. Baseado no conto de Hervé Tullet Un libro con sonidos de la editorial Kókinos, crearon un conto sonoro, onde o punto OH, a nota SOL viaxa polo mundo de Xeometrón, un mundo cheo de figuras e de sons na procura de novos amigos. Despois do espectáculo, os nenos e nenas poideron experimentar coas pinturas fluorescentes e ver os seus debuxos baixo a maxia da luz ultravioleta. Este proxecto pedagóxico estructurouse como un proxecto Aps e foi posible grazas a tres instituciones colaboradoras, a Facultade de Ciencias da educación da Universidade de Santiago, a Aula Hospitalaria, e a Asociación educativa cultural Musicrearte. [Fonte: Facultade de Ciencias da Educación. USC]