Me & Dm Symposium. Simposio Internacional de Educación Musical e Materiais Didácticos.

A Asociación Musicrearte colabora no Me & Dm Symposium que se celebrará o 24 e 25 de xanerio de 2019. A proposta de levar a cabo este Simposio xorde da necesidade de dar visibilidade ás investigacións educativas arredor dos materiais musicais, desde o grupo de música de IARTEM (International Association for Research on Textbooks and Educational Media) e o Grupo de Investigación STELLAE (Universidade de Santiago de Compostela), coa finalidade de ofrecer un espazo común para o debate a todo o profesorado e persoal investigador que sente inquedanza pola temática. Contamos, ademais, coa colaboración da SEM-EE (Sociedad para la Educación Musical del Estado Español), MusiCrearte, e de organismos internacionais como o MERYC – EU (European Network for Music Educators and Researchers of Young Children) e o Early Childhood Music Education and Musical Childhoods – Mediterranean Forum. As persoas participantes no Simposio, procedentes de diversos países, poderán formar parte do núcleo dunha rede futura, que posibilitará levar a cabo análises comparados entre países, destacando as diferenzas e as semellanzas, entre outras accións. O ME&DM International Symposium pretende constituírse nun marco de transferencia educativa axeitado para promover o coñecemento e o establecemento de novas implicacións e/ou colaboracións entre grupos e/ou persoas de diferentes etapas educativas e realidades socio-culturais musicais, tendo como obxectivo establecer sinerxías e contribuír a enriquecer o traballo de diferentes investigacións e experiencias no ensino de réxime xeral e especial nos diversos ámbitos da educación musical. Convídase a participar a profesionais da educación con preocupación pola investigación educativa relacionada coa ensinanza musical e os materiais didácticos mediante a asistencia, contribución, promoción e presentación do coñecemento educativo xerado.

Máis información e inscrición