Libro: música no nadal

Este traballo é o froito dos coñecementos adquiridos no primeiro ano universitario do alumnado matriculado na titulación de mestre especialista en Educación Musical no curso académico 2008 – 09. Este libro supuxo para o alumnado unha primeira toma de contacto coa investigación en materia de didáctica da Música aprendida nas clases de primeiro curso, como son: Formación Instrumental, Linguaxe Musical e Formación Vocal e Auditiva. Tamén implicou a aprendizaxe dun verdadeiro traballo de coordinación entre os propios autores noveles das propostas didácticas, e coa coordinadora do traballo, profesora da área de Didáctica da Expresión Musical da Universidade de Santiago de Compostela. Cada autor e autora deseñou unha proposta de traballo para desenvolver na aula de primaria a partir dunha panxoliña tradicional e/ou de autor. O carácter novel dos autores vese enriquecido pola fluidez creativa de novas ideas que enchen as actividades propostas e os recursos ofrecidos nas páxinas desta publicación. A posta en práctica dos seus contidos encauzará un camiño de formación de formadores que culminará no terceiro curso da titulación que termina con esta derradeira xeración de titulados polo plan de estudios anterior a Bolonia.

Ficha técnica

Coordinadora
Mª Elena Sobrino Fernández

Propostas didácticas
Autores
María Álvarez Fernández
Alberto Aneiros Vilariño
Abel Augusto Abelleira
Clara Bécares García
Lorenzo Chedas Redondo
David Fernández Llecha
Uxía Gandarela Fabeiro
Brenda Meis Diz
Antía Pita Martínez
Raquel Sánchez Del Río
Cristina Vázquez Ulloa
Edición e arranxo das partituras
Antonio Fernández Lavid
Mª Elena Sobrino Fernández

Produción

Asociación Educativa Cultural Musicrearte
Ames (A Coruña), 2011

Edición

NINO Centro de Impresión Digital S.L.

Colaboración

Concello de Ames (A Coruña)

ISBN
978-84-939257-3-4

Depósito Legal
C-2873-2011

Idioma: Galego
Número de páginas:121

Edición Limitada de ejemplares: Este libro se puede consultar en:
– Biblioteca de la Facultad de Ciencias de la Educación, campus norte avda. Xoann XXIII s/n. Universidad de Santiago de Compostela.