Cidade do Nadal

A ‘Cidade do Nadal’ do Gaiás abre as súas portas na tarde do 14 de decembro co acendido da iluminación exterior que, inspirada nun ceo cargado de estrelas, guiará os visitantes ata o Museo Centro Gaiás. A partir do sábado día 15 de decembro, quen se achegue ao museo poderá mergullarse nun escenario cheo de luz e de cor que recrea unha auténtica ‘Cidade do Nadal’ con rúas, prazas, casas e unha grande árbore iluminada que familias e visitantes poderán decorar xuntos.

Na ‘Cidade do Nadal’ do Gaiás haberá actividades todos os días para gozar en familia.