ROSA CEDRÓN PORALLE MÚSICA AO ACTO DESTE DOMINGO NO QUE SE CELEBRARÁ O DÍA DE ROSALÍA

Este domingo, 24 de febreiro, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá, a partir das 18:00 horas, unha homenaxe poética e musical a Rosalía de Castro. O acto central da conmemoración do Día de Rosalía, cuxa entrada será libre e gratuíta ata completar aforo, contará con lecturas, dramatizacións, videocreacións e coa actuación musical de Rosa Cedrón. No acto participarán o alumnado dos centros escolares de Ames e representantes do ámbito cultural. As persoas asistentes recibirán de agasallo un libro e unha rosa.http://www.concellodeames.gal/nova.php?noticia=17453&idioma=gl&sec=32