A asociación Educativa Cultural sen ánimo de lucro Musicrearte, créase no ano 2006 a partir dunha iniciativa dun grupo de profesionais adicados ao ensino musical de diferentes niveis educativos. A asociación está composta por diferentes persoas relacionadas coa educación, a música e a cultura.
- Dirección: Urbanización As Mimosas A12 – 15895 Ames
- Rexistro: Asociación Educativa Cultural. Rex. 2006/009522/I
- Asociación inscrita en: Concello de Ames (A Coruña)
- Contacto: asociación.musicrearte@gmail.com
Obxectivos:
- Elaborar proxectos relacionados co ámbito da educación e da cultura.
- Establecer relacións e cooperación con outras Asociacións, Institucións públicas ou privadas, Fundacións, Empresas profesionais, de ámbito autonómico, nacional e internacional, etc… con fins similares aos nosos obxectivos, e desenvolver proxectos conxuntos de investigación, innovación e creación.
- Editar e producir materiais educativos e culturais tanto impresos como electrónicos.
- Crear e manter un espazo web para a difusión e comunicación de información, producións e actividades.
- Producir e coordinar concertos didácticos e outros espectáculos educativos e culturais.
- Programar, coordinar e realizar actividades formativas para diferentes ámbitos educativos no ámbito da cultura e da educación musical.
- Realizar actividades relacionadas coa formación permanente do profesorado no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Fomentar a educación artística no ámbito musical da infancia, mocidade, terceira idade e persoas con necesidades de apoio educativo e discapacidade.
- Asesorar aos centros educativos e profesionais en materia de educación musical.
Fins:
- Organización promoción e/ou dirección de cursos, xornadas, talleres, concursos, concertos e outros espectáculos, exposicións, congresos e simposiums educativos e/ou culturais.
- Elaboración, coordinación e realización de actividades relacionadas coa formación permanente do profesorado no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Edición e/ou produción da páxina web, libros, manuais, revistas, boletíns, anuarios, cds, programas informáticos, dvds, ou calquera outro soporte impreso ou dixital con carácter divulgativo e cultural.
- Elaboración, produción e edición de materiais para a difusión das actividades realizadas (impresos ou electrónicos).
- Establecemento de convenios de cooperación con outras Asociacións, Institucións públicas ou privadas, Fundacións, Empresas profesionais, etc… de ámbito local, nacional ou internacional.