XI Xornadas sobre Recursos Educativos en Galego: a educación musical

Esta semana celebráronse as XI xornadas sobre Recursos Educativos en Galego: a educación musical. O evento desenvolveuse coa mostra de experiencias de diferentes profesionais da educación musical, a filoloxía e persoal da administración adicada á normalización lingüística. O programa mesturou a música co tratamento da lingua, a cultura galega, o xénero e as novas tecnoloxías. Ademáis de coñecer materiais en lingua galega, pretendéronse coñecer e mostrar ferramentas como traballo didáctico conxunto entre lingua galega e música e a estreita relación tanto na súa expresión como na súa percepción entendendoa coma unha xinerxia inseparable: música a través da palabra ou palabra a través da música.

No acto inaugural, presidido polo Vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica, Gumersindo Feijó Costa, contou coa participación de Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüísitica da Xunta de Galicia e Martín Leránoz Iglesias, Vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación.

As xornadas, organizadas pola Comisión de Cultura e Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación e polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, foron financiadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. [Fonte: Facultade de Ciencias da Educación. USC]